As vallisoletanas mostran a sua mellor cara no seu feudo, non son de fiar, pero a pesar diso o Zalaeta viaxa disposto a dar a sorpresa e facerse cos tres puntos en xogo que necesita para afianzar a súa posición ante os seus rivais directos, tendo en conta que tamén este fin de semana xógase outro dos derbis galegos, o Teis recibe ao EMEVE nun partido de resultado incerto, e o Torrejón recibe ao CAEP.
Boa e animada semana de adestramentos do conxunto de Barrero despois da pasada xornada, na que ademais da victoria ante o Torrelavega, as xogadoras Susana Suarez e Emma Ordoñez encabezan a clasificación de Mellores Sacadoras da SF2, e co aliciente de que unha gran parte das súas xogadoras que forman parte do combinado da UDC tamén se proclamaron Campioas Galegas do Torneo Universitario dirixidas polo técnico J. Barrero e coordinadas por Julio Vázquez.
GIULIA, FRANCESCA, SUSANA, RAQUEL, SARA, IRENE, ALBA, PATRI, NOA E TERE. |
LIGAS GALEGAS, XORNADA DO FIN DE SEMANA
Todos os partidos correspondentes a esta xornada xogaranse o domingo día 26 no Barrio das Flores cos seguintes horarios:
1ª DIVISIÓN SENIOR
AUTOSCANCELA ZALAETA Vs CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS DOMINGO 10:30
1ª DIVISIÓN XUVENIL
AUTOSCANCELA ZALAETA Vs CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS DOMINGO 12:30
2ª DIVISIÓN CADETE
CI ZALAETA Vs VOLEIBOL LUGO DOMINGO 10:30
1ª DIVISIÓN INFANTIL
CI ZALAETA Vs CVP GÓMEZ LOR MULTIÓPTICA DOMINGO 12:30