/VOLEIBOL DE FIN DE SEMANA

VOLEIBOL DE FIN DE SEMANA

  Encontro importante para a clasificación do FisiomásZalaeta que se enfronta ao CV Torrelavega no regreso da competición ao Barrio das Flores despois de dúas xornadas xogando fóra de casa.
  Dous desprazamentos seguidos levaron ao equipo para xogar lonxe da Coruña dous encontros nos que non se sumou, o que unido a outros resultados, deixou a clasificación inmóbil nos postos de peche da táboa.
  Mañá sábado xógase ante o CV Torrelavega que ocupa xustamente o medio da táboa, será un encontro complicado no que ao Zalaeta só lle vale puntuar e estar pendente doutros resultados nesta parte final de liga, na que aínda se poden decidir algunhas posicións.
  As cántabras gañáronlle ao EMEVE a semana pasada nun axustado partido e sumaron 2 puntos, a súa posición na táboa non periga, a súa opción é recortar distancia co CAEP. O equipo do Instituto, en cambio está obrigado a puntuar, necesita algo positivo deste encontro, tendo en conta que o Torrejón ten un enfrontamento complicado cuxo resultado pode favorecer os seus intereses, e que queda pendente un partido en casa, un derbi ante o Xuvenil, rival directo, antes de finalizar a liga.
  Confianza nas súas posibilidades e efectividade sen erros, serán as claves para retomar os mellores momentos de xogo da tempada, será a mellor opción para sumar no partido de mañá ás 19:00 no Barrio.

LIGAS GALEGAS, XORNADA Nº 16

  Este fin de semana desprázanse os equipos Infantil A e Xuvenil de Ligas Galegas a Lugo para un dobre enfrontamento ante o EMEVE.

  O equipo de Cadetes que xogaría ante o Fisioterapia Cinesia Noia, ten aprazado este desprazamento, mentres ao equipo senior de 1ª División Autos Cancela Zalaeta  tócalle descanso nesta xornada ligueira.

   1ª DIVISIÓN INFANTIL
EMEVE  Vs  CI ZALAETA  DOMINGO 19  12:00  CASA DO DEPORTE



    1ª DIVISIÓN XUVENIL
EMEVE  Vs  AUTOS CANCELA ZALAETA DOMINGO  19  12:00  CASA DO DEPORTE

  O autobús de Autos Cancela será o encargado de levar aos equipos infantil e xuvenil a Lugo, realizará a súa saída desde o Instituto Zalaeta o domingo ás 09:45.

BOA VIAXE E MOITA SORTE!
  O Deporte en idade escolar, XOGADE, desenvolve unha nova xornada nas instalacións de Monte dás Moas, cos seguintes partidos do CI Zalaeta:

   INFANTIL FEMININO
CV OLEIROS  Vs  CI ZALAETA B  SÁBADO  11:45   MOAS-3 
 
   ALEVÍN FEMININO
CALASANCIAS CORUÑA B  Vs  CI ZALAETA B   SÁBADO  10:00  MOAS-2
CI ZALAETA A   Vs   ALDEBARÁN  SÁBADO  10:35  MOAS-2


ETIQUETAS: