/SF2: FISIOMÁSZALAETA 1 CUESTA PIEDRA TENERIFE 3

SF2: FISIOMÁSZALAETA 1 CUESTA PIEDRA TENERIFE 3

  Non puido ser, o Zalaeta perde ante o Cuesta Piedra nun axustado partido no Barrio, as tinerfeñas levan os puntos en xogo.

  Ás 19:00 comezaba no Barrio das Flores en partido de SF2 correspondente á 14ª xornada, que dirixido polo colexiado Justo Olea tivo unha duración de 01h 39 m e finalizou cun resultado de 1-3 con parciais: 23-25; 23-25; 25-23 e 19-25, (90-98).

FISIOMÁSZALAETA: Patri Santos, Lida Gudje, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas,  Laura Méndez, Tere A. Oria, Tania Cobos, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

CUESTA PIEDRA TENERIFE: Dulce Gestoso, Marisa Fernández, Elena Santana, Wanda Banguero, Marina Oliva, Alba Mendoza, Lorena Martín, Sara González, Lara González e Sofía Tommino.
 
  Partido moi igualado o que nos ofreceron ambos os equipos, ningún lograba separarse do rival demasiado, as marcaxes eran estreitos e non se permitían diferenzas. Un primeiro set case idéntico por parte dos contendentes, con practicamente os mesmos números, 16 puntos logrados por cada equipo, o resto corresponden aos erros do adversario, 7 Tenerife 9 Zalaeta, esa foi a diferenza no marcador dun set que puido ter cor local e iso levaríanos a outro partido.
  Imos ao segundo set onde a igualdade persiste en todos os aspectos, mesmo número de erros, 15 puntos de ataque cada equipo e similares porcentaxes estatísticas, supérannos no saque lixeiramente as insulars para chegar ao último cuarto cun 20-21 onde a experiencia do Cuesta Piedra serve para poñer o 0-2 no marcador.
  Tiña que ser agora ou non habería posibilidades, o Zalaeta ten gañar o set para ter opcións a puntuar, non hai variacións, o partido continúa igualado, lévarao quen ao final sexa capaz de superar ao rival no límite, e esta vez son as do Instituto as que logran no tramo final impoñerse e darse un balón de osíxeno. Pero o cuarto é o set mais frouxo das de Barrero, as peores porcentaxes do partido mostran as dúbidas dun equipo na cancha que só foi superado pola maior experiencia do conxunto tinerfeño, que sempre confiou nas súas posibilidades e soubo resolver ao límite dos sets.
  A xogadora do Cuesta Piedra Wanda Banguero, máxima anotadora do partido con 27 puntos, 25 ataques e 2 ACES seguida de Marisa Fernández con 19 puntos. Por parte do Zalaeta, Alba Quirós 22 puntos, 20 ataques e 2 ACES, Tania Cobos 14 e Andrea Rivas 13.
  Ambos os equipos cometeron o mesmo nº de erros, 29 cada un, e unha mostra da igualdade do encontro dánnolas os números vistos da seguinte forma:
                               
                                                 1º set:    6-8;  16-15;  20-21
 e  23-25    

                                                 2º set:    7-8;  15-16;  20-21
 e  23-25

                                                 3º set:    8-5;  16-14;  20-21 

25-23 

                                                 4ª set:    8-7;  14-16;  16-21 
e  19-25.

Décimo cuarta xornada de Superliga 2 feminina, na que nos enfrontabamos a un dos equipos aspirantes ao ascenso este ano. A pesar diso na cancha non había tanta diferenza como prognostica a clasificación, os 4 sets disputados foron igualados ata os puntos finais, salvo o último no que se nos escaparon a partir do punto 16 nunha rotación na que nos vimos atrancados. 

Comezou o partido con alternativas pero con bastante fallo pola nosa banda, e ese era o plus que lles faltaba a elas para ser superiores ao nos. Tenerife buscaba claramente as súas 2 opcións máis definitorias en ataque Marisa Fernández e Wanda Banguero, que se repartiron entre elas o 70% das bolas de ataque do equipo visitante, este era un punto que coñeciamos pero que non soubemos aproveitar, de feito 2 erros de saque nos 5 últimos puntos do partido foi a pequena diferenza que avantaxou a Tenerife para impoñerse na primeira manga. O segundo set tivo un desenvolvemento moi parecido ao primeiro, Tenerife lograba buscar os seus ataques máis fortes con facilidade e isto permitíalles puntuar sen moita oposición xa que se elevaron ata un 54% de efectividade en ataque. No terceiro set viviuse nosa mellor parte do partido, logramos dominarlles a saída en ataque das súas xogadoras máis resolutivas a pesar de que tiñan ás dúas na zona dianteira na súa rotación 3, montabamos fácil a defensa, e o contraataque era eficaz, un refacho de 7 saques sen que nos conseguisen cambiar no primeiro terzo do set foi vantaxe suficiente para levarnos o terceiro set. No cuarto volveu baixar a nosa eficacia co saque e volveron xogar como máis cómodas estaban, saídas por 4 con Wanda que eramos incapaces de controlar en defensa unidos a unha rotación na que nos atascamos con 2 erros de ataque e 2 bloqueos das rivais fixeron que esta vez elas cobrasen unha vantaxe no marcador insalvable para nós e así pechar o partido ao seu favor.

Fernando Cueto.

                                        YOUTUBE:    https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=youtu.be/_oXZgLRZWQU

RESULTADOS DOS ENCONTROS DE LIGAS GALEGAS, XORNADA Nº 12, 

   1ª DIVISIÓN INFANTIL
CI ZALAETA  2   JEALSA BOIRO VOLEIBOL  3  (19-25; 11-25; 25-14; 25-20 e 11-15)

   2ª DIVISIÓN CADETE
CI ZALAETA  3   MEXILLÓN DE OURO RIANXO  0  (25-15; 25-8 e 25-17) 

  1ª DIVISIÓN XUVENIL
AUTOS CANCELA ZALAETA  3   JEALSA BOIRO VOLEIBOL  0  (25-16; 25-17 e25-20)

  1ª DIVISIÓN SENIOR 
AUTOS CANCELA ZALAETA  3   XAV CAMBADOS  0  (25-3; 25-10 e 25-12)