/TORNEO DE VOLEIBOL BENXAMÍN

TORNEO DE VOLEIBOL BENXAMÍN

  O domingo 15 xogarase no Pavillón do Instituto Zalaeta o Torneo de Voleibol Benjamín organizado polo CI Zalaeta e no que participarán equipos do Calasancias Coruña, Santa María del Mar, Oleiros e Zalaeta.
  Cunha xornada dedicada aos pequenos do volei, ponse así fin a unha serie de torneos celebrados ao redor das vacacións de Nadal nos que se trata de ofrecer unha alternativa deportiva desenvolvendo unha actividade lúdica e de sentar a base dunha canteira importante sen a que ningún deporte pode sentir segura a súa continuidade.
  Os partidos xogaranse na mañá do domingo, cos horarios que figuran no cadro que segue, e preténdese que as 14:00 finaliza a xornada.

ETIQUETAS: