En xornada matutina enfrontaranse en semifinais o EMEVE co Caldaria VoleyOurense a partir das 10:00, e a continuación, ás 12:00 o Xuvenil Teis ante o FisiomásZalaeta.
Complicada competición na que a priori o equipo lucense pode partir como favorito, o factor cancha pode ser decisivo, pero a competición será unha incógnita, moita competitividade entre estes catro equipos que se coñecen perfectamente e todos eles quererán inscribir o seu nome na lista de gañadores da Copa.
As semifinais serán dous derbis de gran rivalidade, o Zaleta enfróntase ao Xuvenil de Teis con varios obxectivos, o principal será referendar o bo momento de xogo co que finalizou a primeira volta da competición e ao mesmo tempo devolverlle ao equipo de C. Veloso a derrota no partido de liga xogado en Teis no último enfrontamento entre estes dous equipos, para poder entrar na final e poder disputar este prestixioso título.
1ª DIVISIÓN INFANTIL
LICEO A PAZ Vs CI ZALAETA DOMINGO 8 10:00 COLEXIO LICEO A PAZ
2ª DIVISIÓN CADETE
DOMPA XESTIÓN Vs CI ZALAETA DOMINGO 8 0:30 P.M. OS REMEDIOS
1ª DIVISIÓN XUVENIL
CD VAGALUME Vs AUTOSCANCELAZALAETA SÁBADO 7 18:00 P.M. ESTEIRO
1ª DIVISIÓN SENIOR
DOMPA XESTIÓN Vs AUTOSCANCELAZALAETA DOMINGO 8 12:00 P.M. OS REMEDIOS
Como é habitual os desprazamentos realizaranse o o autobús de Autos Cancela que fará a súa saída desde o Instituto Zalaeta con vos seguintes horarios:
Sábado día 7, ás 09:30 partirá o autobús co equipo de SF2 con destino a Lugo.
Sábado día 7, ás 16:00, Autos Cancela desprazarase co equipo xuvenil a Ferrol.
E para finalizar, o domingo 8 ás 07:30, saída do autobús con destino a Ourense cos equipos senior e cadete.
Boa viaxe e boa sorte!!