/V CAMPUS DE VOLEIBOL DE NADAL

V CAMPUS DE VOLEIBOL DE NADAL

Torneo Alevín, Instituto Zalaeta 10/12/16
  
  Chega o parón do Nadal da competición, as ligas conxélanse  á espera de que pasen as vacacións para renovar a súa actividade no mes de Xaneiro.
  Pero no Zalaeta non queremos que pares, queremos que poidas continuar coa actividade do voleibol, divertíndote cos teus amigos e practicando o teu deporte favorito. E poderás facelo no Pavillón do Instituto Zalaeta, porque organizamos un Campus de Voleibol para as vacacións de Nadal.
  O próximo día 22 comezará o Campus de Voleibol para categorías infantil (nacidos en 2003 e 2004) e minivolei (nacidos en 205 – 2008).
  O Campus desenvolverase os días 22, 23 e 24; 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 10:30 a 14:00, e terá un prezo de 45 Euros ( 40 para membros do CI Zalaeta).

   Mais información: Cristina: 651360683, ou ben: voleibol.zalaeta@yahoo.es

ETIQUETAS: