/COMENZA A LIGA NO BARRIO DAS FLORES

COMENZA A LIGA NO BARRIO DAS FLORES

  Segundo encontro da competición, primeiro en casa, ante o REDPISO CV Torrejón que se despraza a Coruña despois de gañarlle ao EMEVE nun axustado partido por 3-2 na primeira xornada.
  Terceira tempada das torrejoneras na categoría, o ano anterior non competiron no mesmo grupo que Zalaeta e son poucas as referencias que temos deste equipo, neste momento preséntase a central Sonia García como máxima anotadora do seu equipo e cunhas boas estatísticas no partido ante as lucenses, que a levaron a estar incluída entre as mellores centrais da xornada.
  Pola súa banda o CV Zalaeta tratará de aproveitar a xornada no Barrio para puntuar na competición despois de regresar de vacío no desprazamento a Xixón, partido no que se deron mostras de bo xogo pero tamén de falta da rodaxe necesaria para unha gran parte de xogadoras que se están facendo á categoría.
  O sábado o adestrador Jorge Barrero terá a todo o persoal  á súa disposición para expor o encontro na pista talismán do voleibol coruñés e así poder ofrecer ao público que alí se déa cita un estupendo espectáculo deportivo, no que reter os puntos en xogo será o obxectivo.