/PRIMEIRO DESPRAZAMENTO DE TEMPADA

PRIMEIRO DESPRAZAMENTO DE TEMPADA

  Comeza a liga de SF2 co primeiro desprazamento da tempada do CV Zalaeta para enfrontarnos de novo ao RGC Covadonga nesta ocasión xa cos puntos en xogo.
  Toma de contacto coa competición que servirá para ver como se desenvolve o equipo neste comezo da liga, nun partido que a priori se presenta complicado xogando ante un rival difícil do que se espera que ocupe as primeiras prazas do Grupo A, e ademais na súa cancha. Contra o Grupo xa se xogou na pretemporada e plantóuselle cara no último partido no Barrio cun bo xogo e boa actitude nun encontro moi axustado que se resolveu no quinto set a favor das asturianas.
  O partido será mañá sábado no Braulio García de Xixón a partir da 17:00, nunha xornada na que se xogaran todos os partidos da división e na que descansa o Cuesta Piedra Tenerife.
  

O desprazamento realizarase como é habitual, no autobús de AUTOS CANCELA que sairá desde o Instituto Zalaeta ás 09:45 do sábado, para chegar ao mediodía ás instalacións do Real Grupo Cultural Covadonga.

 BON VIAXE, E MOITA SORTE!!