/SF2: COMENZAN OS PARTIDOS DA PRETEMPORADA

SF2: COMENZAN OS PARTIDOS DA PRETEMPORADA

  Comeza a nova tempada 16-17 con todos os equipos preparándose para a
competición que en breve dará comezo nas súas diferentes categorías,
sendo as primeiras o equipo de SF2, que desde o mes pasado atópanse en
plena preparación da nova tempada que supón a quinta consecutiva na
categoría para o club coruñés.


  

 Con sede no popular Polideportivo Barrio das Flores, feudo das de Zalaeta, o conxunto, unha vez máis a cargo do adestrador Jorge Barrero defenderá a súa permanencia na categoría, nun ano que se presenta con numerosas novidades na súa composición, no que as xogadoras novas do club toman o relevo das máis veteranas co reto e a ilusión de manter o listón polo menos ao nivel das súas predecesoras.
   Encadrado no Grupo A de SF2, a RFEVB continúa apostando por dividir en dous grupos esta categoría, competiremos con vellos coñecidos, clubs expertos coñecedores da división que lle achegan experiencia e calidade.
   Este grupo  abarca fundamentalmente a zona NW e Centro, e encadra aos equipos galegos EMEVE, Xuvenil Teis e Zalaeta, caen as avilesinas de La Curtidora, seguen o Grupo de Xixón e CV Torrelavega de Asturias e Cantabria respectivamente; continúan  UVA Valladolid, CAEP Soria e Feel Volley Alcobendas; CV Torrejón regresa ao Grupo A e únese o CV Madrid Chamberí que co Cuesta Piedra Tenerife forman este primeiro grupo da categoría, once equipos en total para unha tempada que ten previsto finalizar na primavera 2017.

  Mañá dará comezo o primeiro dunha serie de partidos de preparación de pretemporada cun encontro que xa é un clásico, o desprazamento do CV Zalaeta a Xixón para enfrontarse no Braulio García ao Real Grupo Cultural Covadonga a partir das 12:30.
   Será un partido complicado que servirá para comezar a poñer a punto un conxunto e ir tensando a súa preparación con ritmo de competición cun rival, que do mesmo xeito que todos os da pretemporada prevista, son da mesma categoría.
   
 O desprazamento realizarase no autobús de Autos Cancela que fará a súa saída desde o Instituto de Zalaeta ás 07:45 do sábado, e realizará as paradas habituais para recoller aos compoñentes da expedición.
 
BOA VIAXE E BOA SORTE!!
   Por outra banda, os equipos que xa comezaron a súa preparación, son os seguintes:
   O equipo de Liga Galega Infantil, a cargo da adestrador Cristina G. Bermejo, adestrará os luns de 18:30 a 20:30 no Pavillón da Sagrada Familia e os mércores de 18:30 a 20:30 e venres de 17:00 a 19:00 no Pavillón do Instituto Zalaeta.
   O equipo de Liga Galega Cadete, a cargo de María Martínez e Pepe Díaz, adestrará os martes de 18:00 a 20:00, xoves de 18:00 a 20:00 e venres de 19:00 21:00 no Pavillón do Instituto Zalaeta.
   O equipo de Liga Galega Xuvenil a cargo dos adestradores David Hermida e Tania Cobos, teñen uns horarios ata o momento provisionais que poderán ser actualizados no seu momento. Luns de 18:30 a 20:15 e venres de 19:00 a 21:00 no Pavillón da Sagrada Familia, e os mércores no Pavillón do Instituto Zalaeta de 19:  a 21:00.
ETIQUETAS: