/CAMPAMENTO DE VERAN 2016

CAMPAMENTO DE VERAN 2016

  O CV Zalaeta está a organizar un Campamento de Verán aberto a todos os nenos e nenas de idades comprendidas entre os 8 e 14 anos.
  O Campamento realizarase entre os días 11 e 22 de Xullo, ambos inclusive, e realizásense dous grupos por idades, os nados nos anos 2005 e 2008, para os que haberá 25 prazas e os nados entre os anos 2002 e 2004 que dispoñerán de 20 prazas.
  O punto de encontro e centro de actividades será o Pavillón do Instituto de Zalaeta en horario de 10:00 a 14:00. Preténdese que sexa un campamento divertido no que prime a diversión e no que se poidan forxar amizades para toda a vida co Voleibol como base para todos os niveis, tanto de iniciación ou perfeccionamento.
  Trátase dun campamento co deporte como fundamento e nexo, pero pretendemos que sexa movido e divertido, e para iso concibimos unha actividade variada, polideportiva, de modo que tamén poderemos coñecer outros deportes e actividades relacionadas co aire libre e a actividade física.
Xogaremos e aprenderemos os fundamentos do Voleibol Pista e tamén do Voleibol Praia da man de adestradores e monitores do CV Zalaeta, así mesmo coñeceremos de preto e practicaremos a Esgrima da man dos monitores do Club Centolos de Esgrima da Coruña e tamén aprenderemos o que é a Esgrima Histórica, si, a das películas, tamén cos Centolos, e como non, aprenderemos a camiñar, sobre todo sen perdernos sabendo por onde andamos en todo momento, practicando Orientación e Rastrexo.
  Tampouco faltará unha actividade cultural como unha visita ao Museo da Ciencia e a Tecnoloxía da Coruña.
  O prazo de inscrición xa está aberto, as prazas son limitadas. Podes inscribirche no Pavillón do Instituto os luns, mércores e venres de 17:00 a 18:30 onde poderás cumprimentar a folla de inscrición, e lembra que deberá de realizar o ingreso da cota correspondente no seguinte nº de conta de La Caixa:  ES23-2100-4610-2022-0004-9850.
  Máis información no teléfono do club 647 79 56 99 e tamén neste blogue.
Podes descargar os impresos:  premendo aquí  irás a unha carpeta e en DESCARGAR podes DECARGAR FOTO.

ETIQUETAS: