Continúa a preparación de cara o Campionato de España Xuvenil de Alcobendas, e este domingo tocou desprazamento a Lugo para xogar o último partido de preparación ante o outro equipo galego que participa no Campionato, o EMEVE.
Non foi posible desprazar o equipo completo, pero todas as xogadoras participantes tiveron os seus minutos nun encontro que serviu a ambos os conxuntos para realizar probas e sobre todo para continuar con ritmo de competición e manter a tensión ante un torneo a piques de comezar.
O Campionato de España comezará o vindeiro mércores 27, e o día 1 de Maio xogaranse as finais.
A organización corre a cargo do Club Voleibol Alcobendas e disputarano os mellores 24 equipos do voleibol español, clasificados nas súas respectivas competicións autonómicas. Divididos en 6 grupos de catro equipos, xogarán unha primeira fase nun todos contra todos a unha soa volta, da que os dous primeiros clasificados pasarán á fase que decidirá as posicións do 1 ao 12, e os terceiros e cuartos clasificados decidirán os postos do 13 ao 24.
As eliminatorias xogaranse nos polideportivos Luís Buñuel e Amaya Valdemoro e as finais no Antela Parada da madrileña localidade de Alcobendas.
O voleibol galego estará representado polos clubs EMEVE de Lugo e CV Zalaeta da Coruña. As lucenses atópanse encadradas no Grupo F con CV Elxe, CV Logroño e CV Leganés; e o CV Zalaeta disputará a primeira fase no Grupo A con CV Alcobendas, CV Manacor e CD Salesianos Guadalaxara.
Na xornada inaugural, as do Instituto enfrontaranse ao equipo anfitrión, o Professional Answer Alcobendas ás 11:00 do mércores 27 no Luís Buñuel.