/DERRADEIRO TRAMO DA COMPETICIÓN

DERRADEIRO TRAMO DA COMPETICIÓN

  Achegámonos ao final da competición, as Ligas Galegas entran na súa fase final na que se xogan ascensos e descensos, e entre os primeiros clasificados decídense os campións galegos das diferentes categorías.

  Este é o tramo final da Tempada 2015 – 2016, ao que os equipos e os deportistas chegan no seu mellor momento, e no que o novo formato de competición implantado pola FGVB esta tempada, faino máis competitivo e interesante, aumentando o nº de partidos e potenciando o enfrontamento dos equipos nos seus respectivos niveis.
  Tamén é importante este tramo final porque  é  cando teñen lugar as competicións de Seleccións Autonómicas de Cadetes e Infantís.
  O CESA 2016 celebrouse este ano en Murcia entre os días 30 de Marzo e 2 de Abril coa participación das Seleccións Galegas femininas e masculinas Cadete e Infantís cuns resultados moi positivos como vén sendo habitual nestes campionatos nos que o Voleibol «feito en Galicia» ocupa os postos de privilexio ao longo dos últimos anos. Unha vez máis o equipo cadete feminino alcanzou a terceira posición, e con esta medalla de bronze completa tres anos nos que non se apea do podium cunha medalla de ouro, unha de prata e o actual bronce.    Mentres tanto, os cadetes masculinos facíanse coa cuarta praza despois dun excelente campionato no que cederon ao medalla no último partido ante os anfitrións. En categoría infantil as mozas lograron unha meritoria oitava praza e os mozos facíanse coa décima posición.
   Sinalar que a representación do CV Zalaeta correu a cargo no apartado técnico polos adestradores Cristina G. Bermejo e Fernando Cueto, acompañando ambos os ao vigués Rodolfo Lago a cargo da selección Cadete Feminina, na que milita a receptora do Zalaeta Laura Vázquez, e en categoría Infantil a colocadora Claudia Carreja. Desde aquí felicidades a todos os participante e a FGVB polo traballo realizado.
  No que respecta á competición, os equipos do Instituto continúan loitando en todas as frontes, así o equipo infantil de 1ª Div. finalizou a 2ª Fase como primeiro clasificado no Grupo E, cun total de 5 partidos gañados e 1  perdido e tan só 4 sets en contra. Pasa á seguinte rolda final na que se enfronta ao VoleyOurense a dobre volta na loita pola permanencia, o próximo día 7 de Maio xogarase en Ourense, e o 14 na Coruña.
  Pola súa banda o equipo Cadete de 2ª Div finalizou en terceira posición no seu Grupo B de Promoción con tan só unha vitoria, e medirase na Fase Final, ao Calasancias Coruña o próximo día 7 de Maio con volta o 14 do mesmo mes. 
  O equipo de 1ª Div Senior quedou relegado á terceira praza do seu Grupo A, con tan só unha vitoria que non lle dá acceso ao Play Off da Fase Final do Campionato Galego que se xogará o próximo día 23 de Abril.
 Quen si pasaron foron as xuvenís que se clasificaron en segunda posición do seu Grupo A para empatadas a puntos co primeiro clasificado EMEVE, e que se xogarán o título galego no Play Off ante o VoleyOurense o domingo día 17 de Abril.
ETIQUETAS: