Finalizada a liga Regular e con ela a competición, o FisiomásZalaeta despídese da tempada da mellor maneira posible, sumando os tres puntos no último derby galego. Tamén asistimos ás últimas estatísticas da liga nas que as xogadoras do Zalaeta xogaron un papel destacado compartindo protagonismo ao longo de toda a tempada tanto no Sete Ideal de cada xornada como nas diferentes clasificacións por especialidades.
Nesta xornada 18 foi elixida MVP, unha vez máis referendando a boa tempada realizada, a xogadora do Cuesta Piedra, Wanda Banguero no partido que lle daba a clasificación ao seu equipo para entrar no Playoff polo titulo, no que a súa achega resultou crucial para as tinerfeñas, realizou 17 puntos cun 60% de eficacia no ataque.
Por parte do FisiomásZalaeta, é nesta ocasión a xogadora Alba Quirós a destacada por parte das coruñesas, a súa boa actuación en Teis, o retorno á senda dos puntos convertérona na máxima anotadora do encontro. Con 18 puntos, 14 deles de ataque, 3 Aces e un bloqueo, sitúase como terceira máxima anotadora e atopa un lugar no Sete Ideal da Xornada, unha clasificación na que xa entrou en catro ocasiones na presente tempada, e con este resultado convértese na máxima anotadora do conxunto herculino.