/ESTATÍSTICAS DA TERCEIRA XORNADA

ESTATÍSTICAS DA TERCEIRA XORNADA

         Xa están publicadas as estatísticas correspondentes á terceira xornada de SF2.  
Nóa Sánchez                     Irene Vázquez

 Vistos os resultados da xornada os técnicos da RFEVB elaboran as estatísticas mencionando ás mellores en cada posto e elixindo á MVP que nesta ocasión recae sobre a xogadora Paula Pérez. O Motorsan Guadalajara Voley lidera o Grupo B con tres vitorias de tres, e nesta xornada tivo na súa xogadora unha achega fundamental para lograr os puntos en xogo e manter o liderado do seu grupo.
  Non pasan desapercibidas as actuacións das xogadoras do FisiomásZalaeta, que despois do partido ante o CV Torrelavega, sitúan á líbero Noa Sánchez como a mellor da xornada na súa posición e no Sete Ideal.
  O bo momento de forma da coruñesa e o acerto en catro sets ante o Torrelavega, fanlle pasar a formar parte, merecidamente, do Sete Ideal da Xornada por primeira vez esta tempada. A destacar tamén o acerto da receptora Irene Vázquez que por primeira vez colócase entre as tops da xornada ocupando a segunda posición entre as receptoras.
  Parabéns ás dúas xogadoras e ao equipo ao que animamos na consecución destes logros xornada tras xornada.

ETIQUETAS: