/RENOVACIÓN NO EQUIPO XUVENIL

RENOVACIÓN NO EQUIPO XUVENIL

  Un ano máis o equipo xuvenil do Instituto continúa militando na primeira división da categoría, iniciando hoxe ante o Teis a súa andaina na nova tempada 15-16. Unha tempada que se presenta de transición despois dos serios cambios que se produciron nas xogadoras e no corpo técnico tamén. Un equipo que se enfronta a un cambio xeracional, que supón o pase de categoría de varias das súas xogadoras titulares, e á baixa doutras que se van a xogar fora como é o caso de Lidia Gudge a EEUU e  Lydia Alonso que ficha polo belga Dauphinès Charleroi Volley.
  No apartado técnico tamén se producen cambios, o adestrador das pasadas tempadas, David Hermida deixa o banco, quedando no seu lugar a xogadora de SF2 que foi a súa segunda, Tania Cobos, que contará coa inestimable axuda de María Martínez.
TANIA COBOS CON DAVID HERMIDA
 «Este ano é un ano
complicado, de transición,
comentanos Tania, e ademais  con moi pouco tempo para acoplar un equipo
completamente novo e xoven. Perdemos mais da metade do equipo titular do ano
pasado:  Alba Quirós (referente no
ataque), Andrea Rivas (referente no bloqueo), Susana Suárez (receptora que
aportaba en todas as facetas do xogo moitisimo) e Noemi Vázquez (puro caracter
e colocadora que calquer adestrador desexaria ter no seu equipo) subiron de
categoría, e Lydia Alonso (completisima xogadora que nos daba ese plus de
altura en ataque e bloqueo) e Lidia Gudge que marcharon a xogar fora.

Este e o primero obstáculo que
temos que superar, ademais de incorporar as  xogadoras de categorias inferiores Paula Rey
cadete  e a infantil Claudia Carreja e
sobre todo a incorporacion de xogadoras de diferentes procedencias, o caso da
colocadora Valentina Dorta e a oposta Paula Otero do Calasancias, Maria Romero,
ex xogadora do Calasancias, Ana Verao da AD A Pinguela, e Elisa Álvarez, e as
cadetes  Laura Vazquez e Marina Albaiceta
procedentes do CV Liceo.

A pesar de todo isto o equipo
leva mais dun mes de pretempada e traballando ben, ainda que  estamos moi lonxe do noso obxectivo, pero
pouco a pouco imonos achegando e non estou descontenta co nivel no que nos
atopamos.

Esta fin de semana comeza a liga, e xa nos espera un duro enfrontamento
contra o Xuvenil Teis en Vigo. E o primeiro partido deste equipo e non podemos
agobiarnos nin sentir ansiedade se non sae ben, pero por suposto que iremos a
por todas de principio a fin.
Este ano cambia o sistema de competicion, de 10 equipos que somos 6 terán a
oportunidade de xogar polo titulo, e ese e precisamente o noso primeiro
obxectivo. O que poida vir despois teremos que evalualo conforme avance a
tempada.

Confio neste equipo cegamente, e espero que elas confien en min tamen. Malia
ser o meu primero ano o frente dun equipo como primeira adestradora, intentarei
que traballen duro e estou segura de que con ese traballo, chegaremos lonxe.

Para rematar, quixera lembrar a David Hermida, adestrador das ultimas
tempadas e amigo, é o que probablemente sexa a baixa mais importante de todo
este equipo. Unha persoa moi necesaria para o voleibol e para este Clube,
espero poder transmitir todo o que aprendín con él, que foi moitisimo.» 

ETIQUETAS: