O FisiomásZalaeta segue inmerso na pretemporada, a preparación
intensifícase a medida que se achega o comezo da Liga SF2 e o equipo debe de
ir alcanzado o nivel de forma que lle faga competitivo. Dentro da
planificación da pretemporada estaba previsto recibir ao RGC Covadonga
no Barrio da Flores, visita que se materializará o vindeiro domingo co
desprazamento das asturianas á Coruña.
Primeiro partido amistoso do ano en casa ante un equipo da categoría,
que para Jorge Barrero trátase dun dos favoritos para a presente campaña
e co que xa nos enfrontamos no primeiro partido de pretemporada no
Braulio García de Xixón, nun clásico de preparación, no que se impuxo o
equipo local o tie-break (3-2), nun encontro no que houbo opcións para ambos
contendentes.

O partido dará comezo o domingo 4 ás 12 do mediodía no Barrio das Flores e será unha boa
oportunidade para ver as prestaciones das do Instituto que a tempada
anterior saíron invictas do Barrio.
Non houbo descanso para o equipo que o fin de semana pasado
desprazouse a Avilés para disputar o IX Torneo de Avilés, no que se
enfrontou ao CV Torrelavega no primeiro cruzamento da mañá e do que saíu
derrotado por 3-0, con parciais 25-21; 25-21 e 25-17. A outra semifinal
enfrontou a La Curtidora co Universidad de León, pasando á final o equipo
local, que xogou coas cántabras nunha emocionante e disputada final
que ao cabo se levou o Torrelavega cun resultado de 3-2. O Zalaeta
finalizou a xornada ante as de León, ás que venceron por un 3-0, en
resumo, unha derrota e unha vitoria.