/CV ZALAETA: PRETEMPADA

CV ZALAETA: PRETEMPADA

  O CV Zalaeta
encóntrase preparando a tempada 2015 -2016 na que un ano máis competirá
en SF2, a segunda categoría nacional de voleibol feminino.

 


  A categoría compóñena esta tempada dous Grupos, quedando as coruñesas encadradas no Grupo A, no que competirán cos equipos galegos EMEVE, Xuvenil Teis; os asturianos RGC Covadonga e La Curtidora; o cántabro de CV Torrelavega, Universidad de Valladolid, CAEP Soria e o canario Cuesta la Piedra Santa Cruz de Tenerife.

  No Grupo B encóntranse os equipos do Mediterráneo, Sur e Madrid.
  O equipo de Jorge Barrero
encóntrase inmerso na pretempada que comezou a mediados do mes de
Agosto ao á que paulatinamente vanse incorporando as xogadoras, cuxo
obxectivo nestes momentos é o de confeccionar un equipo para disputar os
compromisos de pretempada e que sirva de base ao adestrador para ir
perfilando o conxunto de cara ao próximo comezo de liga a mediados do
mes de Outubro.
  O equipo é practicamente o mesmo do ano pasado na que causan baixa as xogadoras Sara Díaz, que non se recuperou da lesión sufrida mediada a tempada pasada, e Lydia Alonso que ficha polo club belga Dauphines Charleroi Volley que xogará a liga europea. Son alta para esta tempada, Susana Suarez, procedente do xuvenil de Zalaeta e a xuvenil Paula Castro procedente de Calasancias.
  Un
equipo confeccionado a partir da canteira do voleibol coruñés e da
propia estrutura do club que pretende continuar na senda de anos
anteriores posicionándose entre os mellores equipos da categoría
buscando a súa opción nos play off e na Copa Princesa.
  
  Iniciada a pretempada o mes pasado, o adestrador Jorge Barrero ten á súa disposición a todas as xogadoras que se van incorporando á disciplina dos adestramentos coa excepción da colocadora Teresa Álvarez que por motivos particulares aínda non se puido incorporar ao grupo.
  O
obxectivo inmediato é a preparación dos compromisos de pretempada que
servirá para ir definindo o equipo e poñendo punto ás súas xogadoras,
«indubidablemente aínda non temos tensión de xogo, dí Jorge Barrero, o obxectivo inicial é
a posta a punto física do equipo despois das vacacións, e ir vendo como
podemos suplir as importantes baixas que significan Sara e Lydia e a integración de Susana e Paula no conxunto. Agora é cando entramos nunha fase de pretempada mais intensa de preparación dos partidos previos á competición».

  A primeira proba será a de mañá domingo en Gijón ante o Grupo no aniversario da entidade RGC Covadonga,
club da mesma categoría e equipo complicado, difícil sobre todo na súa
cancha, aínda que sendo para ambos os dous o primeiro partido da
pretempada se espera que sexa de toma de contacto das xogadoras coa
competición e sirva aos adestradores para ir corrixindo cuestións
técnicas e tácticas.
  
  Para o desprazamento a Gijón, o autobús de AUTOS CANCELA realizará a súa saída o domingo ás 07:15 da mañá dende o Instituto Zalaeta como é habitual, realizando as paradas de costume para recoller os integrantes da expedición.
  O partido dará comezo ás 12:00 nas instalacións de RGC Covadonga na Avda. Jesús Revuelta.
 
ETIQUETAS: