/II CAMPAMENTO DE VERÁN MULTIDEPORTE

II CAMPAMENTO DE VERÁN MULTIDEPORTE

  
Xa está en marcha o campamento de verán que organiza o Club Voleibol
Zalaeta
e que se desenvolverá durante os días 29 de Xuño e 10 de Xullo,
ambos inclusive, e cun horario de mañá de 10:00 a 14:00.
  
As actividades desenvolveranse no Pabellón do Instituto Zalaeta, as
prazas son limitadas, e as actividades, variadas. Visitaremos a Torre de
Hércules, o MUNCYT e como non, xogaremos ao Voleibol e tamén faremos
volei praia, que para iso estamos no verán. Realizaremos outro tipo de
xogos para alternar e variar a actividade nun campamento no primará a
diversión e o compañerismo.

¿Que onde te podes inscribir?
 
 
Pois os luns, mércores e venres de 16:00 a 17:00 no Pabellón do
Instituto poderás recoller a túa folla de inscripción e efectuar o pago.

 
Tamén podes reservar a túa praza dirixindote a Tania Cobos ao seguinte
correo electrónico: tania.zalaeta@gmail.com ou ao nº de teléfono:
667385820
ETIQUETAS: