/O ZALAETA INFANTÍL EN LIGA GALEGA

O ZALAETA INFANTÍL EN LIGA GALEGA

O equipo Zalaeta Infantíl mantén a categoría na primeira Liga Galega infantíl.

    Cun comezo de tempada floxo, cun equipo por confeccionar e unhas
xogadoras adaptándose ao nivel de competición, finalmente o equipo de
Cristina G. Bermejo logra a permanencia na categoría.
  
Esta tempada que acaba de finalizar, e logo de varias tempadas sen
representación ao máximo nivel, o equipo do Instituto métese en Liga
Galega con moita ilusión e un grupo de xogadoras dispostas a pelexar a
un nivel competitivo que non coñecían. O percorrido é longo, os
resultados tardan en chegar xa que ninguén regala nada, a base: o
traballo diario, a constancia crendo nas nosas posibilidades e ao mesmo
tempo compaxinar estudos e adestramentos.
  
«A base de todo está na dedicación das xogadoras, cóntanos Cristina, o
seu esforzo nos adestramentos. Logramos formar un grupo destacando as súas afinidades, que aprenderon a xogar xuntas, e con tesón e disciplina
logramos a permanencia nunha categoría que inicialmente víñanos grande.
Adaptámonos e ao final de liga rendemos moi ben e xogamos
bos partidos sobre todo aqueles nos que nos xogabamos o ser ou non
ser. Estou moi contenta do rendemento deportivo de todas as xogadoras e
da súa actitude e comportamento».

  
O último rival foi o CVP Gómez Lor Multiópticas, cruzamento que decidía a
permanencia, xogáronse dous partidos, na Xunqueira 2 o primeiro deles o
sábado 9, cun resultado favorable ás coruñesas que prácticamente
sentenciaba a eliminatoria. Ao día seguinte xogábase no Pabellón do
Instituto o partido de volta que referendaba o xogo e resultado anterior
cunha nova vitoria do Zalaeta.
   
Por Zalaeta xogaron: Claudia Carreja, Alma Carballeira, Íria Pérez, Lucía Vendrell, Inés Rúa, Paula Rey, Noelia Carballal, Ainhoa Castro y Eva Jáudenes.

  
CVP GÓMEZ LOR MULTIÓPTICAS    1   CV ZALAETA    3   ( 23-25; 15-25; 25-8 e 19-25)

 
CV ZALAETA   3   CVP GÓMEZ LOR MULTIÓPTICAS    1     (25-16; 25-12; 23-25 e 25-15)

ETIQUETAS: