/CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO

David Hermida, Lidia Gudge, Susana Suarez, Inés Rivas, Lydia Alonso, Alba Quirós, Andrea Rivas, Tania Cobos, Ana Calvo, Raquel Rey, Noemí Vázquez, Paula Lema e Nerea Tabeayo

  A punto de comezar o Campionato de España Xuvenil Feminino de Voleibol que se celebrará en
Las Palmas de Gran Canaria dos días 6 ao 10 de Maio.
  Organizado polo C.V. JAV
Olímpico
, reunirá 24 equipos representantes da diferentes Comunidades
Autónomas previamente clasificados nos seus respectivos Campionatos,
polo que se espera desta fase final un alto nivel de competición, na que
Galicia estará representada polos equipos EMEVE Lugo e Autos Cancela Zalaeta da Coruña, campión e subcampión galegos respectivamente.
  O
sorteo celebrado o pasado día 27 distribuíu os equipos en seis grupos
de catro, quedando os conxuntos galegos encadrados no Grupo D o EMEVE e no Grupo E o Zalaeta.
  O
Campionato dará comezo o mércores 6, nunha primeira rolda na que as do
Instituto terán que medirse, no primeiro encontro ás 10:45 no
Polideportivo Juan Beltrán, ao Collado Villalba,
2º clasificado da Comunidade de Madrid; ás 17:45 ao Universidad de
Granada, 1º de Andalucía e finalmente o xoves 7 ás 12:30 ao subcampión
canario o Arona Stop & Shop.
  Do
resultado desta primeira fase sairán os compoñentes dos seguintes
grupos, os 1º e 2º xogarán polos postos do 1 ao 12, e os 3º e 4º, farano
polos postos do 13 ao 24.
  O Autos Cancela Zalaeta
conta co seu equipo ao completo despois dunha preparación intensiva
estas últimas semanas previas ao campionato. Viaxarán a Las Palmas, cos
adestradores David Hermida e Tania Cobos, as xogadoras: Andrea Rivas, Susana Suarez, Alba Quirós, Lydia Alonso, Noemí Vázquez, Paula Lema, Ana Calvo, Raquel Rey, Inés Rivas, Nerea Tabeayo e Lidia Gudge.
 
 
    A saída está prevista para as 19:00 do martes 5 dende o Instituto de Zalaeta, para trasladarse no autobús de Autos Cancela ao aeroporto de Lavacolla e nun voo directo a Las Palmas de Gran Canaria.

 BOA VIAXE E BOA SORTE !!!
ETIQUETAS: