/ACTIVIDADE DO C. I. ZALAETA PARA O FIN DE SEMANA

ACTIVIDADE DO C. I. ZALAETA PARA O FIN DE SEMANA

 

  A actividade deportiva do fin
de semana comeza o venres día 30 no que se xogará o derby local da Liga Galega Infantil que enfronta aos equipos do Liceo e do Instituto. O liceista, un grande equipo esta campaña, encabeza a clasificación sen encaixar ningunha derrota, mentres o Zalaeta
transita pola parte baixa da táboa nunha tempada na que trata de
manterse e de adquirir experiencia cun grupo de xogadoras que vai
mellorando a medida que transcorre a competición, e que lonxe de
engurrarse, tratarán de facer valer o factor cancha para arreporlle ao
rival.
  O partido será ás 17:30 do venres C.I Zalaeta Vs Liceo La Paz no Pavillón do Instituto Zalaeta.

 
  A continuación xogarase o partido correspondente á xornada n.º 11 da Liga Zonal Cadete Grupo A, que nun enfrontamento fratricida poñerá fronte a fronte aos dous equipos da categoría do Instituto, o A e o B.
   Ás 19:00 no Instituto, C.I Zalaeta B Vs C.I Zalaeta A

  O resto de partidos xogaranse o sábado, en que haberá desprazamento a Boiro para xogar os encontros correspondentes á xornada n.º 15 da Liga Galega Xuvenil entre os equipos Jealsa Boiro Voleibol e Autos Cancela Zalaeta, no que as xogadoras de D. Hermida
tratarán de regresar cos puntos en xogo nunha xornada na que non se
espera que fallen ningún dos equipos da parte alta da táboa.
  O partido na Cachada de Boiro, o sábado ás 17:00.

   E a continuación, enfrontamento de 2ª Div A entre os mesmos equipos. O Zalaeta ocupa a terceira posición sen presión, e tratará de gañar o partido á espera doutros resultados que lle poidan ser favorable.
Jealsa Boiro Voleibol Vs Autos Cancela Zalaeta, A Cachada, Boiro sábado 18:30

 En Deporte Escolar, a representación do Zalaeta correrá a cargo dos equipos Alevín, que xogará no Monte Das Moas o sábado á 11:45 ante o Narón, e o equipo Infantil B que tamén xogará á mesma hora e no mesmo sitio ante o Teixerio.

   SF2 descansa esta semana.
 
  Despois
da dobre vitoria da semana anterior, de novo toca descanso na Superliga Feminina. Adestramento e recuperación para o equipo de Jorge Barrero á espera da xornada do 7 de febreiro, de novo no Barrio Ante o actual líder, o Torrelavega.

  A última xornada deixou unha nova MVP, Andrea de Aranzadi del Feel Volley Alcobendas foi elixida a mellor xogadora da xornada despois do gran partido xogado ante o Red Pisos Torrejón.
  Nunha xornada na que a xogadora do FisiomásZalaeta, Lydia Alonso, unha vez máis entre as mellores, se coloca en segundo lugar das Mellores Sacadoras con 5 puntos directos nunha excelente e positiva xornada para o seu equipo.
  Por último, destacar que na convocatoria da xornada de adestramento que realiza a Federación Galega de Voleibol en Noia o día 1 de Febreiro en categoría Infantil, entre as 22 xogadoras seleccionadas se encontra a xogadora do Zalaeta Claudia Carreja. A evolución da colocadora do equipo de Cristina G. Bermejo non pasou desapercibida para os técnicos federativos. 

Parabéns!!
 

CLAUDIA CARREJA                                               LYDIA ALONSO