Xa temos as datas nas que se realizará o Campus de Nadal de Voleibol, e tamén os lugares de realización.
Algunhas participantes do Campus de Nadal 2013 coas xogadoras de SF2 do FisiomásZalaeta, Lydia, Patricia, Andrea e Olalla. |
A
edición do presente ano celebrarase en dous lugares diferentes, segundo
a idade dos participantes. Aquelas nenas/nenos nacidos entre os anos
2003 e 2007 (ambos os dous inclusive) dispoñerán da cancha do Pavillón
do Instituto Zalaeta, e os nacidos entre os anos 1999 e 2002, nas instalacións do Polideportivo da Sagrada Familia.
As
datas serán os días 22, 23, 26, 29 e 30 de Decembro e 2 de Xaneiro, en
horario de 10 a 14, coa opción dunha hora extra para os máis pequenos, a
partir das 9 da mañá.
O prezo será de 30 euros, máis 10 E en caso de acollerse á hora extra, cun desconto para socios e deportistas do club.
Trátase dunha boa ocasión para iniciarse nunha actividade deportiva
ampliando relacións con nenas e nenos doutros centros, dunhas xornadas
lúdicas para os máis pequenos que nos ocupan horario de vacacións e nos
axudarán a descubrir o Voleibol e os valores que pode trasmitir como deporte de equipo, e para aqueles xa iniciados será unha oportunidade para o perfeccionamento.
Anímate!! poderás inscribirte, mentres haxa prazas libres, os luns, mércores e venres de 16:00 a 17:00 en Pavillón do Instituto Zalaeta.
Para máis información ou reservar a túa praza, podes dirixirte á directora do Campus no n.º de teléfono: 661 93 94 49, Tania.