/7ª XORNADA DE SF2: FISIOMÁSZALAETA Vs A.D. LA CURTIDORA

7ª XORNADA DE SF2: FISIOMÁSZALAETA Vs A.D. LA CURTIDORA

  De novo na casa, despois de
varias xornadas seguidas xogando fóra e unha de descanso, o voleibol
feminino de elite regresa ao Barrio da Flores cun encontro entre o FisiomásZalaeta e A.D. La Curtidora de Avilés.
  Partido
importante para as locais que suman dúas derrotas e unha vitoria nos seus
tres últimos desprazamentos e queren regresar á senda dos puntos na súa
cancha coa vista posta en escalar na clasificación para poder optar a
unha das prazas que dan acceso á Copa Princesa.

  «Afrontamos o partido con moitas ganas, sobre todo despois de varias semanas sen xogar na casa, dinos Jorge Barrero,
e con intención de puntuar para apurar as nosas opcións de entrar na
Copa. Xogamos ante un equipo da metade da táboa, ante o que a priori,
teremos posibilidades de vitoria se somos capaces de realizar o noso
partido, corrixindo erros e mantendo o nivel, seguro que teremos unha boa
tarde».

   No equipo do Instituto a semana de adestramentos desenrolouse con normalidade, preparando o partido do sábado e centrando o traballo en potenciar os aspectos positivos do xogo do grupo, no que novidade continúa a ser a baixa de Sara Díaz que aínda non está recuperada da súa lesión.
  Nestes momentos o Torrelavega é
o equipo que máis claro o ten, todo son vitorias na súa traxectoria, e a
continuación, catro equipos dispútanse a segunda praza nunha xornada na
que cada un deles depende de si mesmo. Complicado para Alcobendas que xoga en Torrelavega, e para o Grupo que xoga en Tenerife, máis alcanzable, «entre comiñas», para o CAEP que xoga en Torrejón, e o Zalaeta na casa con La Curtidora. Aquel que consiga unha vitoria quizais poida abrir oco na táboa.
  
    FISIOMÁSZALAETA    Vs    A.D. LA CURTIDORA  – SÁBADO 19:00 –  BARRIO DAS FLORES