/ESTATÍSTICAS DA XORNADA Nº 4.

ESTATÍSTICAS DA XORNADA Nº 4.

Andrea Rivas

  Martes e unha vez máis a RFEVB publica as estatísticas da xornada Nº 4, que deixa como MVP á xogadora serbia do Motorsan Guadalajara Monika Jovanovic,
que encabeza dúas clasificacións, a de Máxima Anotadora con 33 puntos e
Mellor Atacante con 31 puntos de ataque en 5 sets que lle serven o seu
equipo para estrear a cuadrícula de vitorias.

  Unha vez máis a actuación das xogadoras do FisiomásZalaeta é obxecto de atención dos técnicos da RFEVB, e nun fin de semana de dobre partido para as coruñesas, nesta ocasión a central Andrea Rivas sitúase, por primeira vez, no Top da Xornada como segunda Mellor Bloqueadora con 6 puntos de bloqueo, por detrás da asturiana de La Curtidora C. Imargues, e entra en Sete Ideal da Xornada.

  Boa
actuación da central xuvenil este fin de semana que suma un total de 31
puntos e 10 bloqueos en dous partidos cun total de 8 sets xogados.
  PARABENS!!

ETIQUETAS: