/DOBRE PARTIDO DE FIN DE SEMANA EN SF2

DOBRE PARTIDO DE FIN DE SEMANA EN SF2

   Xornada especialmente complicada a que se lle presenta
ao conxunto de Jorge Barrero este fin de semana cun dobre desprazamento.
   O FisiomásZalaeta viaxa a Soria e a Torrelavega para xogar dous
partidos cruciales nesta primeira volta, verase as caras nada menos que cos
dous equipos cos que comparte a cabeza da táboa nun triplo empate que deixará
de selo o vindeiro domingo.
 
Con saída o venres, o primeiro destino é Soria, onde se xogará o sábado o
partido correspondente á cuarta xornada ante o CAEP Soria. O equipo da
concentración permanente dirixido por JM Serrato, ocupa a terceira praza, e
espérase un duelo a morte que aclarará a táboa do Grupo A. As sorianas son un
equipo xoven, composto polas xogadoras da selección española junior, non son de
fiar no seu feudo dos Pajaritos onde ata agora xogaron todos os seus partidos
acumulando tres vitorias de tres partidos, e onde haberá que estar atentos á
súa máxima anotadora A. Escamilla e ao xogo das súas centrais que cos seus
bloqueos contribúen ao bo xogo do equipo. 
  De máxima tensión será tamén o
encontro do domingo en Torrelavega. Si co CAEP non hai referencias desta
tempada, ao equipo cántabro xa se enfrontaron as coruñesa en pretempada no
Trofeo Villa de Avilés, onde disputaron un encontro moi igualado que finalmente
se decantou (2-3) polo equipo de Alex del Rio. O CV Torrelavega, segundo da
categoría a tempada pasada, continúa co mesmo bloque e na mesma liña de
resultados. A. Becerril, máxima anotadora do equipo atópase entre as dez
primeiras da categoría do mesmo xeito que a súa central A. G. Cillero. Tamén con
tres vitorias, destaca o seu rendemento fóra de casa, con vitorias ante o Grupo
de Xixón e o Haris de Tenerife.
   Dous partidos de infarto e unha longa viaxe esperan ao FisiomásZalaeta no fin de semana máis importante
da primeira volta no que farán valer o seu bo momento de forma e o seu xogo de
equipo para continuar na racha de vitorias. Sen baixas para este desprazamento,
Barrero desprázase con trece xogadoras dun grupo no que 
a central Olalla recentemente incoporada non viaxa debido a sua baixa forma motivada pola ausencia por causas laborais.
   Para o adestrador, trátase de dous partido complicados, «ao Torrelavega xa nos enfrontamos no Trofeo Villa de Avilés, puidemos gañarlles o partido pero
as probas de pretemporada restáronnos posibilidades, e elas estaban sen a súa
central Cillero, MVP a xornada pasada. Será un partido difícil para os dous ,
dos que gusta gañar. Diferente será o de Soria, un equipo xoven, mais inexperto
pero de calidade, dirixido por Serrato e que xoga no seu feudo, espero que a
viaxe non nos pase factura».

    
CAEP SORIA
  Vs  FISIOMÁSZALAETA          
SÁBADO    16:30  LOS  PAJARITOS

    CV TORRELAVEGA  Vs 
FISIOMÁSZALAETA   DOMINGO 11:00  LA HABANA VIEJA