/ESTATÍSTICAS DA PRIMEIRA XORNADA SF2

ESTATÍSTICAS DA PRIMEIRA XORNADA SF2

LYDIA ALONSO
  Xa temos as primeiras estatísticas da tempada.

A RFEVB publica hoxe martes, as estatísticas da xornada, nas que nos encontramos cunha coñecida da afección coruñesa, Patricia Suarez elixida como MVP.

    A grande actuación da oposta de Sada, 25 puntos en tres sets, fundamentais na vitoria do seu equipo, o Haris Tenerife e que o sitúa nos postos de cabeza da táboa, sérvenlle para ser designada a mellor da xornada.

   Tamén as xogadoras do FisiomásZalaeta comezan a facerse un oco entre as mellores. Nesta ocasión a central Lydia Alonso, con 17 puntos, 6 deles de bloqueo, destácase como a máxima anotadora do seu equipo, e máxima bloqueadora da xornada, e a súa boa actuación en Torrejón lévana a ser incluída no «sete ideal da xornada«.  PARABÉNS!!


  A destacar que nesta tempada as estatísticas se realizan tendo en conta os resultados dos grupos A e B.

ETIQUETAS: