/TORNEO 4×4 SÁBADO 17 de MAIO

TORNEO 4×4 SÁBADO 17 de MAIO

   
   O «Día das Letras Galegas», sábado 17, daba comeza o primeiro dos Torneos 4 x 4 que se disputarán o Pavillón do Instituto Zalaeta os sábados de Maio.

   Aberta a inscrición a todas as categorías e clubs de voleibol de Coruña, os equipos configúranse a sorteo, cada un co seu correspondente capitán cría/benxamín, e xógase unha liguilla todos contra todos de partidos de 10 minutos. Os catro mellores dispútanse as roldas de semifinais e a gran Final.

   Este sábado o aforamento completouse con seis equipos, formados por xogadoras de Zalaeta e do Liceo:

   Con
moi bo ambiente, pasando unha mañá divertida, cumpriuse o obxectivo do
Torneo
: gozar xogando ao voleibol achegando cada un o mellor de si,
dende a benxamín que está a aprender aínda (e non o fai nada mal) ata a
xuvenil que ten máis experiencia, pasando polas numerosas infantís.