/ESTATÍSTICAS FINAL DE LIGA

ESTATÍSTICAS FINAL DE LIGA

 

  Finaliza a tempada en SF2 e a RFEVB ofrécenos as estatísticas de fin de curso nas que aparecen reflectidos as mellores do ano.
  A xogadora colombiana do Voleibol is Life Almeria 2008, Wanda Banguero, é elixida MVP
despois da gran tempada realizada, na que se proclamou Máxima Anotadora
e Mellor Atacante da Liga. Un total de 476 puntos certifican a súa
achega ao equipo e ao espectáculo da SF2.
  Do equipo campión da división, EMEVE ÉLIDE de Lugo, a destacada actuación da súa colocadora, Carmen Morales, ao longo da tempada, que se vió referendada con nada menos que seis nominacións ao Equipo Ideal da Xornada e con tres MVP´s, fana acredora dun posto no sete da Liga.
  Na categoría de adestradores, o título de Mellor Adestrador da tempada recae sobre o técnico lucense José Valle,
que levou ao seu equipo ao campionato de liga, o triunfo na Copa
Princesa e consecuentemente ao ascenso de categoría: da súa man o EMEVE é equipo de SFV.
  O resto de compoñentes do Sete Ideal son: Beatriz Vázquez e Marta Rodríguez do Grupo; Aroa Sánchez e Ana González de Torrelavega e Vanessa Murray de La Curtidora.

Parabéns!!

ETIQUETAS: