/XORNADA 20 SF2

XORNADA 20 SF2

  Chegamos á xornada 20 de SF2, a liga está a queimar os seus últimos cartuchos, e esta xornada pode ser decisoria.
 
  Os
equipos que ocupan da 4º á 7ª posición, está todos dentro dunha marxe
de oito puntos e non xogan entre eles esta xornada polo que todos poden
puntuar, e se algún non o fai perderá o paso. De todos eles o FisiomásZalaeta,
que ocupa a cuarta posición, depende como ningún outro de si mesmo,
goza dunha diferenza de catro puntos sobre o quinto, pero ten un final
de liga complicado.
  O sábado espéralle unha viaxe a Gijón para medirse ao RGC Covadonga, terceiro, que ten en busca e captura ao CV Torrelavega
e que necesita os tres puntos en xogo para poñer nerviosas ás cántabras,
outro resultado soamente lle serve en función do que fagan as de Torrelavega. Será un equipo que xogue baixo presión. Pola súa banda o equipo de Jorge Barrero
ten difícil alcanzar a terceira praza, pero viaxa coa intención de
defender o seu posto na táboa do acoso da Curtidora, que xoga na casa do Xuvenil de Teis.   As
coruñesas viaxan coa moral alta, despois de dous partidos na casa que
se saldaron con seis puntos a favor, e afrontan o tramo final nun bo
momento de forma, e queren resarcirse da derrota que lles inflixiu o
Grupo na casa no seu peor momento da tempada, no que as lesións causaron
efecto nas do Instituto. Para este partido contamos coa baixa de Sofía Hidalgo que ten poucas posibilidades de recuperarse para o sábado da súa
lesión na man.

      SF2     RGC COVADONGA – FISIOMÁSZALAETA SÁBADO,17:00 P. BRAULIO GARCÍA, GIJÓN.

  O autobús de Autos Cancela que levará o equipo a Gijón, sairá, como sempre, dende o Instituto Zalaeta, o sábado ás 10:30.

Boa viaxe e boa sorte.