/COMENZA A SEGUNDA VOLTA

COMENZA A SEGUNDA VOLTA

  Comeza a segunda volta nas ligas galegas, e con ela a competición despois do descanso do Nadal.
  Os partidos previstos para este fin de semana son en xuvenís, contra o IES Ames no Municipal de Ames o sábado ás 16:30. O Zalaeta
comeza esta segunda volta en terceira posición e non debe de permitirse
ningún descoido para continuar no grupo de cabeza, xa que non son
grandes as diferenzas de puntos entre os equipos da metade alta da táboa.

  Ás 18:00, tamén no Municipal de Ames, partido de segunda División A entre o CV Bruxas, noveno clasificado e o Zalaeta,
cuarto. As coruñesas, que finalizaron o ano en liña ascendente
derrotando o líder en anterior xornada, o que lles valeu para escalar na
clasificación, tratarán de manter o seu bo ritmo  para levarse
os puntos en xogo.

     PAVILLÓN MUNICIPAL DE AMES, SÁBADO 11

    16:30    IES AMES     –  FISIOMÁSZALAETA               (LIGA GALEGA XUVENIL)
     18:00   CV BRUXAS  –  AUTOS CANCELA ZALAETA   (2ª DIVISIÓN A)

   A saída do autobús de Autos Cancela para o desprazamento a Ames, sairá como é habitual, dende o Instituto de Zalaeta ás 14:15 do sábado.