/UNDÉCIMA XORNADA EN SF2

UNDÉCIMA XORNADA EN SF2

   O partido correspondente á 11ª xornada enfrontará no Barrio das Flores aos equipos de SF2 FisiomásZalaeta e CV Torrelavega o sábado a partir das 19:00.
    O equipo cántabro desprázase a Coruña cun billete para a Copa Princesa no peto, e co afán de lograr unha vitoria que o manteña vivo na loita polo título.
   Jorge Barrero
dinos «pódese especular co resultado, pero nós sairemos a gañar o
partido dende o principio, que é nosa mellor opción, e despois xa
veremos cales son os outros resultados».

   O Zalaeta ocupa a cuarta posición, separado por só un punto do Voleibol Is Life G
2008
, encontrándose ambos os dous equipos con posibilidades de
participación na Copa Princesa, dependendo as coruñesas de si mesmas, e
as de Almería do que suceda no Barrio, polo que este partido será un
partido de tensión no que será necesario o apoio de toda a afección nas
bancadas para levar en volandas o equipo.
Ao mesmo tempo é tamén unha xornada importante de cara á clasificación
toda vez que nesta ocasión se enfrontan os catro equipos de cabeza entre
eles, o que pode clarificar a situación ao final da primeira volta xa
que os vencedores destes partidos sumarán ante os seus rivais directos.
  O Zalaeta adestrou con normalidade preparando este partido ao longo da semana despois da súa vitoria en Teis, coa novidade da incorporación aos adestramentos da oposta Patricia Suarez iniciando xa a súa recuperación despois da lesión que a tivo apartada das canchas. Pola súa banda o Torrelavega,
un dos favoritos da categoría, ocupa a terceira posición con 24 puntos,
que presenta o bloqueo como a súa mellor arma, e que foi líder durante
varias xornadas, realizou unha boa primeira parte da liga con só dúas
derrotas, ambas as dúas en terras galegas, polo que as do Instituto
tratarán de facer bo aquilo de «non hai dous sen tres».

laopinioncoruna.es      Las coruñesas dependen de sí mismas, pero se miden al tercero.

……………………………………

   A xornada comeza pola mañá no Pavillón do Instituto Zalaeta onde ás 10:30 se enfrontarán os equipos de Liga Galega Xuvenil, FisiomásZalaeta e AD A Pinguela de Monforte en partido correspondente á 10ª xornada de liga regular.
 
Trátase dun partido interesante de cara á clasificación entre dous
equipos con aspiracións e que están empatados puntos, aínda que o Zalaeta cun partido menos, o vencedor conseguirá unha vantaxe importante.

………………………………

  Xa pola tarde e abrindo sesión de voleibol no Barrio das Flores, partido de Segunda División A entre os equipos Autos Cancela Zalaeta e EllaEl Vigo Voley a partir das 16:00.
 
As viguesas está a ter unha primeira volta como non era de esperar,
con só dous partidos gañados e ocupando os postos baixos da táboa, polo
que necesitan a vitoria e os puntos, o que xunto á súa experiencia, as
converte nun rival difícil. Pola súa banda o Zalaeta
tratará de superar o seu xogo intermitente e callar un partido serio
para lograr uns puntos que lle permitan non se separar demasiado da
cabeza da clasificación.

ETIQUETAS: