/ESTATÍSTICAS DA NOVENA XORNADA.

ESTATÍSTICAS DA NOVENA XORNADA.

VER

   Publicadas as estatísticas da RFEVB correspondentes á 9ª xornada, que son de total dominio do Volley Is Life Grupo 2008. O equipo almeriense, despois dunha grande actuación o fin de semana, coloca á súa xogadora Andrea «Drew» García, como MVP e á fronte de dúas categorías, mellor bloqueadora e mellor anotadora. Tamén as súas xogadoras, Banguero e Aniorte encabezan senllas clasificacións, mellor atacante e mellor receptora respectivamente.
  A representación galega nesta ocasión, fórmana a xogadora do FisiomásZalaeta Sheyla como terceira mellor receptora, e as lucenses do EMEVE, Irene segunda mellor sacadora e Sara no sete da semana.

   Publicada a Revista «Nueve x 18» correspondente ao mes de Decembro, neste enlace poderedes atopar información de Voleibol, equipos e actividades:
ETIQUETAS: