/ESTATÍSTICAS DA 7º XORNADA

ESTATÍSTICAS DA 7º XORNADA

    Alba Quirós                                              Sofía Hidalgo
  
   Debutou na categoría entrando co pé dereito na cancha para saír no «sete ideal da xornada», a xuvenil Alba Quirós coouse na convocatoria do FisiomásZalaeta para o partido da 7ª xornada ante o CAEP, e realizou un grande encontro no seu primeiro partido na categoría.
   As estatísticas que publica a RFEVB, seguen tendo en conta a actuación das xogadoras coruñesas, e nesta ocasión, a xogadora xuvenil Alba,
fai a súa aparición como segunda mellor bloqueadora e incluída en sete
ideal despois de realizar un partido moi completo no que anotou 15
puntos, 4 de bloqueo. Sofía repite na categoría de Libres en terceira
posición, cun 71% de 24, nun apartado no que a lucense Fé Pena se posiciona en primeiro lugar.

  Como MVP da semana foi destacada a xogadora do EMEVE ELIDE, Sara Folgueira, nun gran partido que levou ao truinfo ao seu equipo ante o Voleibol Is Life.

ETIQUETAS: