/ESTATÍSTICAS DA 4º XORNADA

ESTATÍSTICAS DA 4º XORNADA

  
   Publicadas a estatísticas por parte da RFEVB, de novo aparecen as xogadoras do FisiomásZalaeta en lugar destacado.
   Despois do gran partido que nos brindaron en Lugo con vitoria sobre o EMEVE,
nunha xornada de SF2 na que o espectáculo foi a nota dominante, e na que as
xogadoras dos distintos equipos se empregaron a fondo, ocupar un lugar
entre as mellores, vendíase caro. A pesar de todo iso, a actuación das
xogadoras coruñesas, Cristina G. Bermejo e Sara Díaz foi recompensada. A colocadora Cris
de novo aparece entre as mellores bloqueadoras con 5 puntos de bloqueo
ademais de sumar 14 puntos en total na súa cuadrícula, e no sete ideal, e
Sara despois de realizar un gran partido anotando 20 puntos, encontra un lugar entre as mellores sacadoras con catro ACES.
  Mencionar tamén o gran partido realizado pola xogadora lucense Sara Folgueira que se coloca entre as mellores atacantes – anotadoras.
ETIQUETAS: