/PARTIDO DE PREPARACIÓN

PARTIDO DE PREPARACIÓN

   Continúa a preparación de
pretempada, na que os partidos son parte esencial para compenetración do
equipo e o deseño da táctica, e necesarios para adquirir ritmo e
intensidade de xogo. Na planificación do equipo de Jorge Barrero o próximo fin de semana preséntase interesante, xogarase a semifinal da Copa Galicia o domingo en Ourense e o sábado recibiremos ao RGC Covadonga de Xixón no Barrio da Flores.
    Un novo enfrontamento coas gijonesas,
equipo importante na SF2, co que os partidos sempre son competidos e
resultan interesantes para o público, e que vén imbatido nos encontros
xogados de pretempada. Con el perdeu o Zalaeta (3-2) no seu desprazamento a Xixón invitado con motivo da celebración do 75 aniversario do Grupo, pero que, segundo J.
Barrero, «nesta ocasión esperamos devolverlle a moeda e obter a
vitoria no Barrio, coa vantaxe de xogar na casa e coa preparación xa
máis avanzada. Hai que ter en conta que o partido alí foi moi axustado».

  
Este partido servirá para encarar a Copa, primeira competición
oficial da tempada, no que o equipo coruñés está obrigado a buscar un
posto na final que o enfronte ao vencedor da outra semifinal na que
obterá praza outro equipo de SF2.
   As gijonesas desprázanse nesta ocasión tamén co equipo xuvenil que se enfrontarán ás xuvenís de Zalaeta, e que lle servirán a David Hermida
para para analizar a pretempada que está a realizar o grupo de
xogadoras ao seu cargo e tamén para ir vendo as posibilidades das súas
pupilas para elaborar o equipo, tarefa esta difícil debido ao elevado
número de xogadoras dispoñibles para a tempada na Liga Galega Xuvenil.

  
Xornada, polo tanto, interesante a do sábado a partir das 16:00 no
Polideportivo do Barrio das Flores, hora na que comezará o partido de
xuvenís e a continuación, ás 18:00, as sénior.

 

ETIQUETAS: