Antía e Marta, Campionato de Galicia, 7 de Abril de  2013, Municipal de Lugo.
   
   A punto de comezar a
competición co primeiro encontro oficial, Copa Galicia, o próximo
domingo, e co equipo adestrando a tope para lograr unha óptima posta
punto, temos un recordo para aquelas xogadoras que nos deixan esta
tempada por unha ou outra razón.
    Hoxe recordamos a dúas xogadoras
cunha gran traxectoria nas categorías inferiores do club e tamén da
Selección española júnior que esta tempada comezan unha grande aventura
vital e tamén deportiva ao outro lado do Atlántico, Marta Fraga e Antía Rodriguez, que deron un gran paso ao incorporarse aos seus respectivos novos centros de estudo no estado de Florida, USA, onde á vez poderán continuar nun nivel máis a práctica do voleibol de competición na liga da NJCAA Div. I.
    Marta Fraga encóntrase matriculada no Florida State College at Jacksonville, e Antía Rodriguez no Hillsboroug Comunity College de Tampa, en cuxos equipos disputarán a Liga 2013 NJCAA Volleyball DIV I.
   A bon seguro que a través do Twitter  teredes noticias de ambalas dúas xogadoras, pero tamén nestes enlaces poderedes seguir a sua traxectoria na liga estadounidense:

ETIQUETAS: