/COPA GALICIA 2013

COPA GALICIA 2013

   Xa temos rival para as
semifinais da Copa Galicia 2013. Finalizados os cuartos, os resultados
non ofreceron ningunha sorpresa. Os equipos de SF2, EMEVE e Xuvenil Teis, solucionaron os seus compromisos ante o Dompa Xestión e o XAV Cambados respectivamente pola vía rápida, nuns partidos nos que as distintas categorías marcaron a diferenza.
   En cambio a eliminatoria xogada entre o Caldaria Voley Ourense e o CVP Comercial Durán foi máis disputada. Dous equipos que se coñecen ben despois de disputar a Liga de 2ª A enfrontáronse neste partido de Copa sen regalar nada ao contrario, e a xulgar polo resultado da pasada Liga Regular, o Pontevedra podería saír como favorito, pero as especulacións non serviron, e o Ourense impúxose nos dous encontros xogados por escasa marxe, nos que a emoción foi a nota destacada.
      Polo tanto, as semifinais, que se xogarán o próximo fin de semana, quedan da seguinte forma: EMEVE – Xuvenil Teis e Caldaria Voley Ourense – CVI Zalaeta.
  
ETIQUETAS: