/CONTINÚA A PRETEMPADA.

CONTINÚA A PRETEMPADA.

   Despois do partido ante ao
Grupo, que significou o comezo da posta a punto e a toma de contacto de
novo coa competición, a pretempada continúa cada vez a maior ritmo.
  
Esta semana non hai previsto ningún encontro polo que os adestramentos
se alongarán durante todos os días da semana coa presenza de case todas
as xogadoras. Están ausentes a central Olaya García por cuestións laborais e non se espera a súa incorporación ata o mes de decembro, e a libero Nóa Sánchez, que se incorporará a próxima semana.
  Este fin de semana dará comezo de xeito oficial a competición coa celebración da 2ª Fase da Copa Galicia. O Zalaeta,
vixente campión da pasada edición, pasa directamente a semifinais, e
enfrontarase a domicilio ao vencedor do duelo, dobre partido, entre o Caldaria Voley Ourense e o CVP Comercial Durán.

   
   Xa está de volta a xogadora
Sofía Hidalgo que vén de xogar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Volei Praia, celebrado en Orihuela, Alicante, no que a representación de Galicia realizou un gran campionato, cunha medalla de prata en categoría sub-19 masculina a cargo da parella Oscar Sánchez e Pablo Penedo, e unha novena posición na mesma categoría para a parella López Conde.
  En sub-21, Prada e Do Carmen alcanzaron a sétima praza; e en categoría feminina, as lucenses Blanca e Claudia Rozas, novenas en sub-19, mentres que a parella formada por Sofía Hidalgo e Mary A. do Burgo, obtiveron a quinta praza en sub-21 despois de realizar un excelente campionato.
Mary A. del Burgo e Sofía Hidalgo


 Fotografías da organización e de JG Tejerina:

CEVP Sub 19 e Sub 21 – Orihuela 2013

ETIQUETAS: