/CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VOLEI PRAIA DE SELECCIONS AUTONOMICAS

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VOLEI PRAIA DE SELECCIONS AUTONOMICAS

    O sábado comeza en Los Alcázares,
Murcia, o Campionato de España de Voleibol Praia de Seleccións
Autonómicas
, que se disputará entre o sábado e o domingo, en categoría
feminina e masculina.
    A localidade murciana albergará aos
mellores das distintas autonomías en idade escolar, 16 equipos en
categoría feminina e 15 na masculina, que xogarán, a final o domingo ás
12:00 as rapazas, e ás 13:00, os rapaces.
   A expedición galega, que viaxaba en compañia do grupo de ximnasia artística e do equipo de ciclismo, realizaba a saída o xoves ás 20:30 da Coruña, chegando ao seu destino o venres a mediodía. Os equipos compóñenos, o feminino, as xogadoras Ana Bugallo do Nautico de Boiro e as xogadoras do Zalaeta, Carla Rodriguez e Inés Rivas; e o masculino, Mario Dovale do EMEVE, Victor Conde, Burgas Voleybol e Ismael Martínez do Nautico de Boiro, todos eles a cargo do adestrador Eloy Mahía.
   
A competición dará comezo para as rapazas ás 10:00 ante a
Comunidade Valenciana, e os rapaces, ás 09:30, ante Cantabria.

Moita sorte!!!

INFORMACIÓN E RESULTADOS: RFEVB


ETIQUETAS: