/SELECCIONS

SELECCIONS

   O próximo 9 de Maio, e ata o día 13, celebrarase o Premundial Junior Feminino
en Cividale do  Friuli, Italia, no que a selección española buscará 
unha praza encadrado  nun grupo dos máis difíciles, con Italia,
Eslovenia e Finlandia.
   O seleccionador nacional, José Miguel
Serrato, convocou a 14 xogadoras para a concentración previa na que se
xogarán unha serie de tres partidos coa selección de Bélgica os días 2, 3
e 4 de Maio dos que sairá a convocatoria definitiva para disputar o
Premundial.
   Os equipos galegos estarán representados polas
xogadoras Amelia Portero, Antía Rodriguez e Lydia Alonso do Zalaeta,
Sara Folgueira do EMEVE e María A. Álvarez do Feel Voley.  

  
  O
grupo de preseleccionadas realizará a concentración en Soria , como é
habitual, antes de desprazarse a Italia, cuxo combinado sae en todas a
apostas ao ser o equipo anfitrión, pero onde todo é posible, xa que este
conxunto xa foi derrotado pola selección española, que terá as súas
opcións e que se presenta nun bo momento de forma.

    

ANTÍA         
                    AMELIA                               LYDIA          
                     MARI                            SARA      

  Pola súa banda, a Federación Galega de Voleibol convoca unha concentración de adestramento da Selección Feminina
de categoría cadete en Noia o día 1 de Maio na que participarán as
xogadoras do CVI Zalaeta Paula Lema, Inés Rivas e Carla Rodriguez.

   Así mesmo, e para o domingo día 5, convócase unha sesión de preparación de VoleiPraia
de categoría cadete masculina e feminina, que terá lugar no Real
Aeroclub de Lugo, e á que tamén están convocadas as xogadoras herculinas
Carla Rodriguez e Inés Rivas.

ETIQUETAS: