/ESTATÍSTICAS SF2

ESTATÍSTICAS SF2

  

 Finalizada a competición de SF2, na que o FisiomásZalaeta cumpriu obxectivos na súa primeira participación na categoría xogando a Fase final polo ascenso, a última xornada xogada no Barrio das Flores ante o Sant Cugat, é referendada polos técnicos da RFEVB como un excelente encontro o realizado polas coruñesas.
   Nas estatísticas da xornada a sadense Patricia Suarez, enganchada ás estatísticas ao longo da tempada, nesta ocasión, álzase cos postos de Mellor Atacante e Máxima Anotadora;  irrompe con forza na súa primeira aparición a líbero do FisiomásZalaeta, Sofía Hidalgo como Mellor Líbero, de novo Cristina García ocupa praza como bloqueadora nun triplo empate na especialidade e para referendar o seu bo final de tempada, Marta Fraga aparece por vez primeira na lista de mellores atacantes.
   Parabens a todas elas e ao equipo ao completo por este gran final de tempada.
   VER ESTATÍSTICAS.


….

   O equipo Xuvenil que participará no Campionato de España de Clubs saíu hoxe martes da Coruña rumbo a Murcia, a donde chegou ás 20 horas sen novidade.
   Mañá dará comezo a competición ás 09:00 no Polideportivo de Espinardo, pista 2, ante Las Palmas 2014, 4º na edición do 2012 e 2º na Superliga Junior 2013, e que se presenta como aspirante ao título da presente edición. Obviamente o obxectivo do equipo do Instituto está en clasificarse primeiro ou segundo de grupo para pasar á seguinte fase no grupo dos mellores, para iso terá que superar, ademais das canarias, ao Benejuzar, campión valenciano  e ás asturianas da SCD Ribadesella
   Cun bo final de tempada realizado polas xogadoras coruñesas nas distintas competicións, cabe esperar que se cumpran os obxectivos na presente fase do campionato.

   MOITA SORTE!!!

ETIQUETAS: