/ACTO SINATURA PATROCINIOS

ACTO SINATURA PATROCINIOS

      O luns 18 de Marzo celebrouse no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Coruña, o acto de sinatura do patrocinio promovido pola Fundación Deporte Galego, que contou, entre outros, con representación do CVI Zalaeta. Dende aquí facemonos eco da noticia e do comunicado de prensa.
Imaxe cedida polo Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia.
O
Plan é desenvolvido anualmente pola Fundación Deporte Galego dende a súa
instauración na tempada 2009/2010
O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE FIRMA OS CONTRATOS
DE PATROCINIO DOS CLUBS DE ALTA COMPETICIÓN DE GALICIA DAS ZONAS DE A CORUÑA E
LUGO

            Un total de 65 equipos beneficiaranse
deste Plan para a presente tempada 2012/2013, cunha inversión total de 1.742.400
euros

            Na zona de A Coruña os equipos
patrocinados son 16: 1 mixto, 6 masculinos e 9 femininos

A
Coruña, 18 de marzo de 2013.-
Trala firma a semana pasada en Vigo, Pontevedra e Santiago de
Compostela dos contratos de patrocinio dos clubs de alta competición de
Galicia, o secretario xeral para o Deporte, e Vicepresidente Executivo da
Fundación Deporte Galego, José Ramón Lete, asinou os hoxe contratos do Plan cos
equipos das áreas de A Coruña e Lugo.

O Plan, iniciado na tempada 2009/2010, pon de
manifesto, segundo Lete Lasa, que “o deporte galego, e dentro del, os nosos clubs de alta
competición, son inmellorables embaixadores de Galicia: levan a nosa marca, e
os galegos sentímonos correlativamente representados neles”.

Na
presente tempada, un total de 65 equipos quedan englobados no Plan,
representando unha ampla variedade de modalidades deportivas: bádminton,
baloncesto e baloncesto en cadeira de rodas, balonmán, béisbol, fútbol e fútbol
sala, hóckey herba e a patíns, rugby, tenis de mesa e voleibol. Todos estes
equipos teñen en común contar con equipos nas competicións
de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas en que a competición de
máximo nivel se desenvolve, na categoría absoluta, en sistema de liga regular á que se accede
por clasificación, con ascensos e descensos de categoría e cun volume de
desprazamentos frecuente.

Lete
Lasa quixo remarcar a moi destacada presenza do deporte feminino: “como en
edicións precedentes, o deporte feminino acada un moi destacado volume de
investimento, pero este ano, ademais, vese reforzado fronte a pasadas tempadas:
30 equipos na 2010/11, 32 na 2011/12 e 34 na 2012/2013”, apuntou o secretario
xeral. Este incremento na presenza de equipos femininos ten o seu correlativo
reflexo no incremento da dotación económica invertida: 861.000 euros fronte aos
834.000 do pasado exercicio. 

16 equipos da área de A Coruña e Lugo, cunha
inversión orzamentaria de case 380.000 euros

No ámbito do Plan, José Ramón Lete asinou
hoxe os contratos cos 16 equipos da zona de A Coruña.

Trátase do Basquet
Coruña, Universitario de Ferrol, Victoria
C. F., Club Viaxes Amarelle F.S., Comarcal A Fervenza FSF, Valdetires Ferrol F.S.F.,
Fisober F.S.F., Club Basketmi Ferrol, Hóckey Club Liceo, Hockey Club Borbolla, Clube
Patín Cerceda, Club de Arquitectura Técnica (masculino e feminino), Club de Mar
San Amaro, Club Deportivo Aldebarán, e Club Instituto Zalaeta.

SAÚDOS,

GABINETE DE COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
Imaxe cedida polo Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia.

 

ETIQUETAS: