Unha vez máis, a xogadora do FisiomásZalaeta, Patricia Suarez rubrica unha excelente actuación no derbi autonómico ante o EMEVE e é elixida polos técnicos da RFEVB como MVP “no partido máis disputado da xornada”.
Indudablemente a achega da xogadora internacional ao xogo do equipo é importante, o seu empuxe en todo momento, o seu ánimo e entrega en todas as facetas do xogo convértena en peza fundamental do equipo de Jorge Barrero. A súa experiencia permítelle destacar en calquera posición na cancha, tanto na defensa como no bloqueo, e sobre todo na súa faceta de atacante, na que sobresae pola capacidade anotadora que a converten en líder do FisiomásZalaeta.
Non é a primeira vez que a xogadora sadense é destacada nunha xornada, posto que a estas alturas da competición acumula dúas nominaciones como MVP, xornadas 9ª e 11ª, tres eleccións para “o sete ideal da xornada” e forma parte como oposta do “sete ideal da 1ª volta de SF2”.

NORABOA PATRICIA!!!