/TORNEO INTERNACIONAL DE NAVIDAD DE GUADALAJARA

TORNEO INTERNACIONAL DE NAVIDAD DE GUADALAJARA

 

 Hoxe xoves deu comezo en Guadalajara a novena edición do Torneo Internacional de Navidad que se disputará ao longo dos días 27, 28 e as finais o 29 no Polideportivo San José. Nel participarán as seleccións nacionais xuvenís de Grecia, Portugal, Túnez e España, en categoría masculina, e en categoría feminina, os combinados nacionais de Portugal, España A e España B, así como o conxunto de SF2 Feel Volley Alcobendas.
    Os combinados españois de ambas categorías, sairán a defender o triunfo logrado a pasada edición, e ao mesmo tempo este Torneo servirá de posta a punto para o pre-europeo que se celebrará os próximos días do 3 ao 7 de Xaneiro 2013, en Turquía o masculino e en Grecia o feminino.
    En categoría feminina, España presenta dous combinados, o B no que se encadran as xogadoras do os anos 96 e 97, grupo do cal sairán as convocadas para o pre-europeo, e o A donde estarán o resto de xogadoras.
   A boa saúde do Voleibol Feminino de Galicia, verase reflectida na participación nestas convocatorias das xogadoras do CVI Zalaeta, Antía Rodriguez, actualmente na concentración permanente de Soria por terceiro ano consecutivo, onde é habitual no CAEP Soria de SF2; Sara Díaz formada na canteira de Monforte que  actualmente milita no equipo do Instituto logo de pasar dúas tempadas tamén na concentración permanente de Soria. Ambas se integrarán no combinado de España A.
    No combinado España B participarán as novas xogadoras Lydia Alonso do CVI Zalaeta e Sara Folgueira do EMEVE de Lugo, ambas habituais nas convocatorias de SF2 dos seus respectivos clubs, que loitarán para facerse cun posto na selección nacional que xogue o pre-europeo.
   Esta participación complétase coa presenza do adestrador de SF2 do FisiomásZalaeta, Jorge Barrero, a cargo do combinado España A.


     Moita sorte para tod@s.

ETIQUETAS: