/SEMIFINALES COPA GALICIA

SEMIFINALES COPA GALICIA

   Despois da xornada do pasado fin de semana,
a Copa Galicia, xa coñece os semifinalistas, que xogarán os seus partidos a
partir de mañan venres.
   No
apartado feminino, esta rolda compóñena os equipos de SF2 FisiomásZalaeta,
Xuvenil Teis e EMEVE, e o actual subcampeón da 2ª División A Autonómica, Autos
Rico UDC
. As lucenses mediránse as universitarias de A Coruña, e o Fisiomás e o
Xuvenil protagonizarán o primeiro da serie de encontros que as enfrontarán o
longo da presente tempada, e en eliminatoria a dobre volta decidirán o pase a
final.
   O
vernes as 19:15 comenzará o primeiro dos partidos no que as coruñesas se
desprazarán a Vigo coas ausencias de Patricia e Sheila por motivos laborais, as
que se une a baixa da colocadora Marta Esperanza, lesionada nun adestramento,
mentres Noa continúa recuperándose da sua lesión.
   O
autobús de AUTOS CANCELA, sairá do Instituto de Zalaeta as 16:30 con destino a
Vigo, facendo as oportunas paradas para recoller os asistentes o partido.
ETIQUETAS: