O Programa de Deportes de Verán organizado polo Concello, encádrase dentro do compromiso municipal de fomentar e facilitar o deporte base en colaboración coas entidades deportivas da cidade.
Trátase de incentivar a iniciación a práctica do deporte, en particular nos mais novos, como actividade lúdica e que sirva de diversión e nos permita facer novos amigos en torno a unha actividade diferente unha vez finalizado o curso académico, e tamén, que nos achege os valores do deporte como a disciplina, o xogo en equipo e o afán de superación. Todo elo cunha AMPLA OFERTA, que vai dende mediados de Xuño ata finais de Agosto, e cubre dende os tres anos ata os dezaoito, en diferentes quendas en instalacions de toda A Coruña.
O Club Voleibol Instituto Zalaeta colabora na programación de Deportes de Verán coa organización de Talleres Polidivertidos, que se celebrarán en tres quendas, no Pavillón do Instituto de Zalaeta, todas elas en horarios de mañá de 09:00 a 14:00 para aqueles rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos.
Neste enlace podedes ver o PROCEDEMENTO DE INSCRIPCIÓN .
A 1ª quenda, será do 25 ao 29 de Xuño, e podes inscribirte AQUÍ .
A 2º quenda, do 2 ao 6 de Xullo, e podes inscribirte AQUÍ .
E a 3ª quenda e derradeira, será do 9 ao 14 de Xullo, e o formulario AQUÍ .