/CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO

   Esta seman comenza en Sant Joan D`Alacant, Alacant, o XXXV Campionato de España  de Voleibol Xuvenil Feminino que se celebrará dos días 2 o 6 de Maio, e que contará coa presencia de dous equipos galegos, o Laboratorios Nupel EMEVE  e o Fisiomás Zalaeta, campión e subcampión galego respectivamente. Os equipos realizan hoxe os desprazamentos para comenzar a COMPETICIÓN o mercores, mencionar que no Zalaeta é inicialmente baixa por lesión a central Andrea , e que no EMEVE a tamén central Lucía sifriu unha grave lesión no derradeiro partido de preparación, precisamente na Coruña contra o Zalaeta, as que lles desexamos unha pronta recuperación.
   «Podemos decir que o CV San Cugat, gañador da Superliga Junior  celebrada no mes de febreiro, Gran Canaria 2014, vixente Campión de España, e Feel Volei Alcobendas, parten coma favoritos» para Jorge Barrero, Director Técnico da FGVB, «sin esquecer as lucenses do EMEVE, que sendo o equipo mais xoven dos favoritos, poden dar a sorpresa».
   Pedímoslle a J. Barrero que nos faga un análisis do que pode ser a priori este campionato, para quen «o Grupo A é de partida o mais igualado, no que o organizador, Gold Car Sant Joan, e o equipo canario Aguere Cajasiete, con Jessica Rivero, internacional absoluta e mellor atacante xuvenil de España, poden ser os primeiros clasificados de grupo, que comparten con Guadalajara e Caja Ávila que son equipos bastantes completos. No grupo C o claro favorito é CV Sant Cugat, e na loita pola 2º praza o Panel VB Torrejón pode ter opcións. No grupo D parten coma favoritos Feel Volei Alcobendas e Unicaja Almería, coas internacionales Ana Vallejo e Amelia Portero nas suas filas. O grupo E, moi igualado no que colocaríamos a EMEVE coma favorito seguido de RGC Covadonga, en no grupo F, o CVB Barça, equipo xoven e con gran altura, e o deporte Cantabria con bon rendemento neste tipo de campionatos, sin esquecer a Fundación Vedruna».
  Os dous primeiros clasificados pasarán a seguinte rolda na que se xogarán os postos do 1º o 12º.
 E xa para rematar, pregutámoslle a J. Barrero, tamén Secretario Técnico do CVI Zalaeta, cal pode ser o papel do Fisiomás Zalaeta neste Campionato, para o que conta coa incorporación de Antía Rodriguez concentrada coa selección permanente: «No noso grupo, o B, a primeira praza parece reservada para o Gran Canaria 2014, actual campión e con cinco intenacionais nas suas filas, e o nosos obxetivo debe de estar en superar a Almendralejo e Murcia, que resultarían asequibles si xogamos a bon nivel».
   Ese sería o noso obxetivo para situarnos entre os doce primeiros e tratar de superar o 9º posto do campionato do ano pasado.
   O sorteo deparou os seguintes emparellamentos por grupos: 

  

Grupo A
Grupo B
Grupo C
Grupo D
Grupo E
Grupo F
Goldcar S.Joan
Gran Canaria 2014
VB Sant Cugat
Feel Volley Alcobendas
RGC Covadonga
Fundación Vedruna
Caja Ávila CSC
AD Almendralejo
Playas Benidorm
Unicaja Almería
Emevé Lab. Núpel
Cantabria Deporte
Universitario Guadalajara
Voley Murcia
Panel VB Torrejón
Voleytextil V. del Campo
Volei Grau Castelló
CVB Barça
Aguere Cajasiete
Zalaeta
EM VB Alhaurín el Grande
UVA Physios MC
Voley Ciutat Cide
CAI VB Teruel
ETIQUETAS: