/NOTICIAS.

NOTICIAS.

   Finalizada a Fase final de 1ª División Masculina celebrada en San Sadurniño esta fin de semán, organizada polo CV Aldebarán, na que se impuxo o Intasa San Sadurniño, subcampión da liga galega. Gran competencia con pouco marxen de error para os equipos con partidos, en xeral moi axustados, que se decicían con escasa diferencia de puntos. Excelente traxectoria do Intasa San Sadurniño que non encaixou ningunha derrota e tan so cedeu 3 sets, dous deles ante o outro representante galego (2-3), o Nautico de Boiro, no que foi o partido mais tenso e mais apretado do campionato que tivo que decidirse no «tie-break». O boiro Voleibol finaliza en 3ª posición despois dunhas xornadas irregulares nas que rematou perdendo co CV Melilla.

   Noraboa os campions polo xogo desplegado e ese merecido triunfo.

   Tamén o domingo tiña lugar no Liceo La Paz da Coruña o Campionato de Galicia Cadete Feminino, que  enfrentaba nunha 1ª rolda pola mañá, ós equipos LiceoCV Ourense e TeisPinguela, resultando vencedores, Ourense e Pinguela, que deste modo obtiñan praza para o Campionato de España. Pola tarde celebráronse as finais, para o 3º e 4º posto entre o Liceo e Teis,  con vitoria para as viguesas nun partido moi disputado. A continuación a final foi para o CV Ourense nun partido que dominaron de principo a fin ante un Monforte que non puido en ningún momento alcanzar o nivel das de Ourense, que con un 3-0 proclámanse Campionas galegas. Felicidades par o CV Ourense campión galego 2012.
  
ETIQUETAS: