
A concentración da Selección Cadetes Feminina terá lugar en Lugo no Pavillón dos Institutos «Ollos Grandes» e «Lucus Augusti» os días 2, 3 e 4 de Abril, comezando o luns as 10:45, e finalizando o mércores ás 18:15. Unha vez mais, a esta concentración, están convocadas as xogadoras do CV Zalaeta Lydia Alonso e Andrea Rivas.
Moi boa a traxectoria que están levando estas duas xogadoras tanto no seu equipo coma nestas concentracions, nas que son asiduas, despois do gran traballo levado a cabo ó longo da presente tempada da man dos respectivos cadros técnicos.