/CAMPIONATO GALEGO XUVENIL FEMININO

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL FEMININO

      O vindeiro domingo día 1 de Abril, celebraráse o Play Off da Liga Galega de Xuvenís Feminino no Polideportivo da Sagrada Familia da Coruña. A final do Campionato Galego, organizada polo CV Instituto Zalaeta, dará comezo ás 10:00 da mañá co enfrontamento entre o Fisiomás Zalaeta e AD A Pinguela de Monforte, 2º e 3º clasificado respectivamente na Liga regular, para continuar co seguinte partido da semifinal entre o 1º e 4º clasificados, EMEVE de Lugo e Xuvenil de Teis. Ás finais terán lugar pola tarde, a partir das 17:00 polo 3º e 4º posto, e ás 19:00 xogaráse a final.
   A primeira semifinal, preséntase a priori como moi interesante, entre dous equipos moi parellos nesta tempada,CV Zalaeta e AD A Pinguela, que están empatados en prácticamente todo. No seu casilleiro particular, teñen unha vitoria cada un pola mesma diferenza, ambos gañaron na casa por 3-1 os seus repectivos partidos, finalizaron a liga empatados a puntos e a sets gañados, coa vantaxe para Zalaeta de xogos encaixados. De modo que este domingo, terá lugar o desempate. Para elo, ambos equipos veránse reforzados coa presenza das xogadoras que teñen na concentración da Permanente: a receptora Antía Rodriguez do Zalaeta, e Sara Díaz, oposta do Pinguela.
ETIQUETAS: